Arranca a feira Artemar de Ribeira con preto dun cento de postos e unha ampla e variada axenda cultural

13 Agosto 2026

Ribeira deu este xoves a benvida á décimo novena edición da feira Artemar que se desenvolverá no centro da cidade ata o 16 de agosto, con preto dun cento de stands de venda de produtos, ademais de funcións infantís, animación de rúa e espectáculos nocturnos. A rúa de Galicia volve ser a arteria principal, se ben foi incorporado un treito de Rosalía de Castro e da contorna da praza do Concello; todas elas engalanadas con decoración que alude á temática mariñeira como redes ou apeiros de pesca, predominando as cores branca, vermella e azul.

As compañías que se encargaron de animar o ambiente polo centro da cidade nesta primeira xornada foron O mergullador aventureiro, O lume do océano, Ruxen as ondas, Tormenta de lume, Ao compás das mareas e Capitán en apuros.

Concurso de Decoración de Establecementos

O Concello de Ribeira convoca un Concurso de Decoración de Establecementos para que “a temática mariñeira chegue a cada recuncho”. Poden participar tódolos negocios da cidade sen necesidade de inscricións. Os locais mellor valorados elixiranse por votación popular, acudindo á oficina de Turismo do Malecón e cubrindo unha papeleta cos datos. Os tres establecementos mellor valorados recibirán un agasallo e sortearase outro entre tódalas persoas que votaron.

Horario da feira

Esta edición abriu as súas portas na tarde deste xoves 13, con peche á medianoite. No venres 14, sábado 15 e domingo 16, abrirá de 12.00 a 14.30 horas e de 18.00 horas ata a medianoite.

O recuncho de xogos (gratuíto) da praza de Porta do Sol está operativo de 12.00 a 14.30 e de 18.00 a 22.30 horas. En canto aos xogos infantís (tamén gratuítos e en dito espazo), desenvólvense de 12.00 a 14.30 e de 18.00 a 21.30 horas.

As ecoatraccións repartiranse por toda a feira, de 12.00 a 14.30 e de 18.00 a 22.30 horas.

O horario para os obradoiros demostrativos participativos, na praza de Concello, é de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas.

E o photocall mariñeiro ficará dispoñíbel durante tódalas xornadas.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.