Aínda están abertas as inscricións para participarmos na V Andaina Solidaria a Favor do Pobo Saharauí, o 22 de agosto en Rianxo

14 Agosto 2026

Continúa aberto estes días o prazo de inscrición para participarmos na quinta edición da V Andaina Solidaria a Favor do Pobo Saharauí. Trátase dun evento deportivo-solidario organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) coa colaboración do Concello de Rianxo.

A andaina será o día 22 de agosto, terá un perfil moi accesíbel e disporanse dous percorridos para que as persoas participantes poidan escoller a distancia que máis lles preste.

Todo o recadado será para esta entidade. Uns fondos que permiten, entre outras cousas, financiar o programa Vacacións en Paz, un programa que favorece que moitos nenos e nenas pasen o verán afastados das temperaturas que nestes meses se acadan nos campos de refuxiados do deserto.

Podemos atopar máis información e, tamén, formalizar a nosa inscrición a través da web Emesports.es.

Participar na andaina terá diferentes niveis de custe: para os nenos de menos de cinco anos será de balde e para os de idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos será de cinco euros. Os adultos aboarán 10 euros. Quen non poida ou non queira participar na andaina pode contribuír a través da fila 0 solidaria.

A saída e a chegada do percorrido, dende a praza de Castelao, serán amenizadas pola actuación de Fogo Fatuo, asociación local de música tradicional galega, e tamén polas agrupacións de monicreques Tanxarina, Trécola e Larraitz (actuación de artistas participantes no festival Titiriberia).

A andaina terá 11 quilómetros de traxecto.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.