Abertas as inscricións para unha nova edición da BTT e Andaina Subida ao Castro Barbudo

13 Agosto 2026

O día 6 de setembro celebrarase no concello de Rianxo unha nova edición da BTT e Andaina Subida ao Castro Barbudo organizada por Castro Barbudo Peña Cicloturista coa colaboración do Concello.

As probas contan cos diferentes modalidades adaptadas a todos os públicos e cuns fermosos percorridos polo noso municipio e zona próximas.

A ruta encádrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina, e é un exercicio físico con fin lúdico, turístico e cultural, o que exclúe expresamente a competición.

A idade mínima para poder participar na marcha será de 18 anos e a idade máxima de 75 anos. Os que teñan 14 anos ou máis, poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor, xunto cunha copia do DNI da persoa que a autoriza.

XXV BBT Subida ao Castro Barbudo

Inscricións abertas en Emesports. O prazo finalizará o xoves 03 setembro 2026 23:59h. ou ao completar a cota de prazas dispoñíbel. Número máximo de inscricións: 110.

VII Andaina da Subida

Inscricións abertas en Emesports. As inscricións finalizarán o mércores, 9 de setembro de 2026 23:59h. ou ao completar a cota de prazas dispoñíbel, que é de 110.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.