Tiña vergoña de todo e para todo. Era unha moza preparada e intelectualmente moi cualificada,
sensata, humilde e afable coas compañeiras e compañeiros de calquera das andanzas ou aventuras
diarias. Non comprendía o dicir de Homero, cando aseveraba que “non lles convén ser vergonzosas”
ás persoas e ás sociedades necesitadas. Detestaba a aquelas que empregaban descaradamente a
mentireira e a estupidez para conseguir obxectivos espurios.
Ela, como a maioría das persoas, era traballadora honesta, rica en saberes e con grandes
capacidades para esixir xustiza e transparencia. Era como ten que ser a xente nova, unha
revolucionaria que admiraba a felicidade dos seus e dos outros. Era atrevida, valente e sensata. Era
como hai que ser e sabía, como todos vostedes saben, que a vergoña cómpre conservala.
Cando a perden os de arriba, os que teñen a vara do mando, quedan lixeiros, quedan sen o respecto
dos mandados ou “gobernados”; cando perden toda vergoña, a auga sae da canle e vai a borbullóns,
anunciando o perigo da desfeita.
Ela lembraba a vergoña dos emigrantes galegos que non sabían a fala, que non coñecían o entorno,
que non sabían onde estaban e que non gañaban para o retorno. Agrandase o corazón dos homes ao
ver a realidade da emigración e da fatalidade dos emigrantes. Era vergoñenta a situación á que
sometían (e someten) á nosa xente, do pais ou de onde sexa.
Parecíalle vergoñento ser de aquí ou de acolá, estar gobernados por estes ou polos outros. A
vergoña da miseria e a de quen quere ser dono de máis, aínda que xa o teña todo. Dos que queren
mandar en todo e mandan, retirando as cancelas, borrando os recordos, asubiando e, se é o caso,
mirando ou paseando.
A Tía Manuela non descansa, e menos nesta situación, na que queren ser máis papistas que o Papa.
Mira para o ceo, volve mirar e esconde a cara. Dálle vergoña estar nun mundo asolagado polas
bágoas da xente de ben, pola rabia dos que queren seguir gobernando e non gobernan, pola ira dos
que queren e non poden. Por todo o que está pasando, pasa e segue pasando.
Aí está a vergoña, apelicada ao ser da xente que quere vivir con dignidade e desprezada polos que
queren, perseguen e acadan unha forma de compartir e de ser máis vergoñenta. Incluso, repelente
e, xa que logo, noxenta.
Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas
O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...




