A veciñanza de Ribeira aposta por transformar a antiga fábrica de Cerqueira nun espazo multiusos e preservar a súa pegada mariñeira

17 Agosto 2026

A alcaldesa de Ribeira presenta os resultados da enquisa participativa á Asociación de Bandourrío con quen suma esforzos para o futuro de Cerqueira

A sondaxe municipal recolleu 192 achegas, aliñadas co proxecto presentado pola Asociación Bandourrío con case 2.000 apoios cidadáns.

O Concello de Ribeira e a Asociación Social e Cultural Bandourrío avanzan da man no deseño do futuro da antiga fábrica de Cerqueira. A alcaldesa, María Sampedro, mantivo un encontro co colectivo veciñal para compartir os resultados da enquisa participativa municipal, na que se rexistraron 192 respostas cunha conclusión clara: converter o inmoble nun espazo público multiusos que actúe como dinamizador social sen perder a súa esencia conserveira e industrial.

Os datos da consulta pública coinciden coa proposta presentada pola propia asociación veciñal, avalada por máis de 1.200 sinaturas presenciais, 750 apoios dixitais e as achegas de máis de 30 colectivos do municipio. Ambas as partes coinciden na necesidade de conservar a arquitectura orixinal e integrar a nave nun plan global de rexeneración urbana para o barrio de Bandourrío.

Polivalencia e dinamización sociocultural

O proxecto descarta un uso exclusivo para a infraestrutura e aposta pola flexibilidade funcional ao longo de todo o ano, abrindo o espazo a múltiples iniciativas:

  • Actividade cultural e formativa: concertos de pequeno e mediano formato, exposicións de gran tamaño, obradoiros, cursos e xornadas divulgativas.
  • Comercio e dinamización local: feiras, mercados temáticos e actividades de promoción turística ligadas ao patrimonio marítimo.
  • Uso asociativo e deportivo: áreas de encontro comunitario para entidades sociais e veciñais.

María Sampedro gabou a implicación cidadá e o traballo exhaustivo presentado por Bandourrío, salientando que «a veciñanza debe formar parte activa da acción municipal» e remarcando que a sintonía entre as respostas da enquisa e a folla de ruta asociativa confirma que «Cerqueira ten futuro».

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.