A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) instalará a súa unidade móbil no concello de Ribeira esta fin de semana para facilitar a participación da cidadanía na campaña de doazón de verán. O vehículo situarase diante do centro xeriátrico, na Rúa Romero Ortiz, ao longo do venres 7 e do sábado 8 de agosto.
O dispositivo prestará atención aos doantes nos seguintes horarios:
- Venres, 07 de agosto: de 10:15 a 14:00 horas pola mañá, e de 16:15 a 21:00 horas pola tarde.
- Sábado, 08 de agosto: de 10:15 a 14:30 horas.
Dende a organización lembran aos asistentes a importancia de almorzar antes de acudir ou ben esperar dúas horas despois de xantar no caso de ir pola tarde, ademais de evitar as comidas copiosas. Para realizar a doazón é imprescindible presentar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento equivalente, e informar ao persoal médico no caso de estar a tomar algunha medicación.




