A Travesía a Nado Praia de Coroso reunirá a preto de 130 nadadores este sábado 15 de agosto

13 Agosto 2026

A praia de Coroso acollerá esta fin de semana unha nova actividade deportiva coa trixésimo primeira edición da travesía a nado que terá lugar no sábado, 15 de agosto, a partir das 11.00 horas. Nesta proba participarán preto de 130 nadadores que deberán completar a distancia correspondente segundo a súa categoría: 2.500, 1.250, 400 ou 150 metros.

O Club Natación Ribeira organiza esta cita coa colaboración do Concello de Ribeira que xa está fortemente consolidada no calendario deportivo municipal segundo deron a coñecer o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e Jorge Patiño, en representación da referida entidade.

Para o edil, “con este tipo de eventos reforzamos o noso vínculo co mar a través do deporte, xa que a nosa costa pódese desfrutar de moitas maneiras. E, aproveitando o verán e o bo tempo que trae consigo, resulta idóneo desenvolver este tipo de competicións acuáticas”.

O prazo de inscrición xa está pechado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.