A ría de Noia acolle este sábado a XXIV Travesía Solidaria a Nado

14 Agosto 2026

Este sábado 15 de agosto, a ría de Noia volverá acoller unha das citas con máis tradición do calendario deportivo da comarca: a XXIV Travesía Solidaria a Nado de ADECO-DEA.

Trátase dunha xornada para gozar do deporte e “sobre todo para seguir facendo da inclusión e do deporte adaptado os grandes protagonistas”, segundo informou a organización (ADECO-DEA coa colaboración do Concello), salientando que estamos “ante unha cita xa plenamente consolidada no calendario deportivo do municipio e que converte a ría nun espazo de convivencia, superación e inclusión a través do deporte”.

A saída será ás 10:00 horas desde o peirao de Testal (Noia), con chegada ao Freixo (Outes).

As 100 prazas dispoñíbeis están xa cubertas.

Na presentación da proba, o Concello de Noia quixo agradecer a ADECO-DEA o seu importante traballo solidario-deportivo e, tamén, a implicación d todas as entidades, colaboradores e persoas que fan posíbel unha nova edición da Travesía a Nado.

A cita será este sábado 15 de agosto. O control está programado para as 9:30, con saída ás 10:00.

Unha vez rematada a travesía, as persoas participantes serán trasladadas de novo ata Testal en embarcacións, onde recibirán unha medalla conmemorativa e compartirán uns petiscos como peche da xornada.

Durante todo o percorrido, a organización contará co apoio de embarcacións de acompañamento para garantir a seguridade dos nadadores e nadadoras.

A actividade está aberta tanto a persoas con discapacidade como a persoas sen discapacidade, mantendo o espírito integrador que caracteriza esta iniciativa desde os seus inicios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.