A Regata Rías Baixas fará escala na Pobra o vindeiro 14 de agosto

06 Agosto 2026

A Pobra do Caramiñal acolleu este xoves a presentación da etapa da Regata Rías Baixas, que terá como destino a vila o vindeiro venres 14 de agosto, procedente de Portonovo. Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario náutico galego, que reunirá na localidade pobrense máis de 40 embarcacións e preto de 200 regatistas e acompañantes.

No acto participaron a concelleira de Turismo da Pobra do Caramiñal, Estefanía Ramos; o presidente do Real Club Náutico de Vigo, Tone Pérez; o delegado de Vela do Real Club Náutico de Vigo, Paco Rivera; o presidente do Liceo Marítimo de Noia, Óscar Prego; e o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde.

Durante a presentación destacouse a importancia desta regata tanto desde o punto de vista deportivo como turístico, xa que supón unha excelente oportunidade para dar a coñecer A Pobra do Caramiñal entre participantes e visitantes, ademais de contribuír á dinamización da actividade económica e hostaleira durante a súa estancia na vila.

A chegada da frota está prevista para o venres 14 de agosto, tras completar a etapa desde Portonovo. Ao longo da xornada, o porto deportivo converterase no punto de encontro das tripulacións e das persoas afeccionadas á vela, ofrecendo unha imaxe de gran atractivo para a veciñanza e as persoas visitantes.

Desde o Concello da Pobra do Caramiñal e a organización da regata animan a cidadanía a achegarse ao porto para recibir as embarcacións e desfrutar do ambiente que acompaña unha das probas de referencia da vela en Galicia.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.