A praia de Carragueiros será escenario o sábado 22 da IX Travesía a Nado Illa da Bensa do Club de Natación Boiro

14 Agosto 2026

O Concello de Boiro colabora coa IX Travesía a Nado Illa da Bensa que organiza o Club de Natación Boiro e que terá lugar o vindeiro sábado 22 de agosto na praia de Carragueiros. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Saturnino González, presidente do Club de Natación Boiro; Brais Nieto, director técnico do club; e Marga Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA.

A proba forma parte do XXII Circuíto Galego de Augas Abertas Arzúa Ulloa e contará con tres percorridos de 3.500 metros para adultos e máster; 1.000 metros para alevíns; e 200 metros para nenos.

“Temos agora 160 participantes e contamos con chegar aos 180-190; agardamos que sexa unha travesía tranquila e poder desfrutar da proba e do entorno”, recoñeceu Brais Nieto.

O presidente do club, Saturnino González, agradeceu ás entidades e empresas colaboradoras que “son fundamentais para que poidamos seguir celebrando esta proba deportiva que é unha das máis bonitas da tempada xa que se celebra nun entorno idílico como o de Carragueiros”.

Pola súa banda, a directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Marga Hermo, puxo en valor o traballo do club e as sinerxías que se crean: “Dende JEALSA estamos convencidos de que apoiar o deporte contribúe a crear comunidade e iso é o bonito do deporte base en Boiro”.

Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu a implicación do Club de Natación Boiro “que segue a medrar e cada vez conta con mais nenos e nenas do noso pobo que practican a natación” e convidou á veciñanza a achegarse o vindeiro 22 de agosto á praia de Carragueiros a “desfrutar dun día de natación nun entorno inmellorábel”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.