A Policía local de Ribeira activa un dispositivo especial con motivo da observación da eclipse do 12 de agosto

10 Agosto 2026

As medidas afectan ao acceso á Pedra da Ra e ao faro de Corrubedo

O Concello de Ribeira habilitou dous puntos de observación con explicación guiada para a eclipse solar do 12 de agosto: na Pedra da Ra e no faro de Corrubedo. Por tal motivo, a Policía local de Ribeira activa un dispositivo especial ante a previsión de afluencia de xente a estes lugares, polo cal se prohibe o acceso en vehículos a motor ou ciclomotores a ámbolos puntos e só se poderá acceder a pé, en bicicleta ou en Vehículos de Mobilidade Especial (VMP), agás persoas con problemas de mobilidade que previamente o comuniquen ao Departamento de Turismo, con teléfono de contacto 981 873 007.


Para a observación dende a Pedra da Ra, poderase estacionar no parque periurbano, na capela de San Roque e na contorna do IES Leliadoura. No que respecta a Corrubedo, poderase aparcar na estrada do faro ata o cruce co cemiterio, así como os aparcamentos disuasorios e rúa Bos Aires, debendo respectarse os espazos, fincas e aparcamentos privados como o do Hostal Balieiros.
Se ben estes enclaves son de acceso libre, cada punto de observación contará cunha zona habilitada para a actividade guiada, o cal se deberá respectar. En canto a outros recursos turísticos do municipio dende os cales ver este evento astronómico, non haberá medidas especiais para o acceso aos mesmos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.