A Pobra súmase un ano máis á campaña especial de doazón de sangue do verán

05 Agosto 2026
Screenshot

A Pobra do Caramiñal volverá colaborar un ano máis coa campaña especial de verán da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue. A unidade móbil de doazón de sangue estará instalada mañá, xoves 6 de agosto, na praza Alcalde Segundo Durán (praza Maior), en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.

Durante os meses estivais increméntase a demanda de compoñentes sanguíneos, mentres que as doazóns adoitan diminuír. Por iso, faise un chamamento á solidariedade da veciñanza para colaborar cun xesto que pode salvar vidas.

A Pobra do Caramiñal continúa a ser un exemplo de compromiso solidario. No ano 2025, Galicia rexistrou unha taxa media de 38,82 doazóns por cada 1.000 habitantes, mentres que no municipio se acadou unha taxa de 57,99 doazóns por cada 1.000 habitantes, un dato que reflicte a xenerosidade e implicación da cidadanía.

Cómpre lembrar que nos hospitais galegos precísanse arredor de 400 doazóns de sangue cada día para atender urxencias, intervencións cirúrxicas, transplantes e numerosos tratamentos médicos. O sangue non se pode fabricar, polo que a única maneira de garantir as reservas é grazas á solidariedade das persoas doantes.

Desde o Concello da Pobra do Caramiñal anímase á veciñanza que poida doar a achegarse mañá á unidade móbil. Cada doazón conta e pode marcar a diferenza na vida de quen máis o necesita.

Datos da campaña

  • Data: xoves 6 de agosto
  • Lugar: Praza Alcalde Segundo Durán (Praza Maior)
  • Horario: de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas

Cómpre lembrar que, para doar sangue, é recomendable almorzar e, despois de xantar, agardar dúas horas. Ademais, débese levar o DNI ou un documento identificativo equivalente e informar ao persoal médico no caso de estar a tomar algún medicamento. Non se recomenda realizar unha comida copiosa antes da doazón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.