A nova ambulancia medicalizada do Hospital de Barbanza rexistrou 68 mobilizacións no seu primeiro mes

07 Agosto 2026
Presentación do vehículo medicalizado o pasado 1 de xullo

A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza fixo balance da actividade da nova ambulancia de soporte vital avanzado da nosa comarca, posta en marcha o pasado 1 de xullo. Segundo fixo saber a Consellería de Sanidade, o vehículo rexistrou 68 mobilizacións durante o seu primeiro mes de funcionamento.

Entre as súas actuacións destacan oito traslados secundarios de pacientes ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago con patoloxías tempo-dependentes nas que o tempo de resposta mellora o prognóstico.

Deses oito traslados realizados, dous corresponderon a activacións do programa Progaliam, o protocolo asistencial do Servizo Galego de Saúde para garantir unha resposta rápida e coordinada ante o infarto agudo de miocardio. Ademais, realizouse un traslado por shock cardioxénico, unha situación de extrema gravidade que require unha actuación urxente e traslado medicalizado.

O dispositivo tamén interveu na derivación de pacientes con outras patoloxías críticas como hemorraxia subaracnoidea masiva, ictus hemorráxico ou derrame pleural masivo.

Entre os motivos de asistencia máis frecuentes figuran as alteracións do nivel de consciencia, con 21 intervencións; os cadros de disnea ou dificultade respiratoria, con 9; e os traslados activados por indicación hospitalaria, que suman 8 actuacións. Tamén se atenderon accidentes de tráfico, cadros de dor, caídas e outras urxencias.

Neste primeiro mes de funcionamento a maior parte da actividade da nova ambulancia de Barbanza concentrouse no concello de Ribeira, con 40 mobilizacións; seguido do Porto do Son con 11; A Pobra do Caramiñal con 10; Boiro con 4; Rianxo con 2; ademais de 1 asistencia en Dodro.

No que respecta aos destinos asistenciais, a ambulancia do 061 realizou 43 traslados ao Hospital Público de Barbanza. Outras 14 actuacións resolvéronse no propio lugar da asistencia, ademais de efectuarse traslados a outros centros hospitalarios cando a situación clínica o requiriu.

O novo recurso asistencial, con base no Hospital Público de Barbanza, dá cobertura a máis de 75.000 veciños dos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, O Porto do Son, Boiro e Rianxo.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.