
Este mércores 12 de agosto as escaleiras do Parque da Cachada (Boiro) van dar acollida a un novo espectáculo para a rapazada.
Trátase de Trasnadas revolucionarias, unha proposta circense da Maga Fani para todos os públicos.
Será de entrada libre, a partir das 20.30 horas.
Trasnadas revolucionarias é un espectáculo infantil de maxia e ilusionismo creado pola Maga Fani (Estefanía Cusí Triana), deseñado para espertar o pensamento crítico a través da ilusión.
Trátase dunha proposta encamiñada a todos os públicos que concatena trasnadas sorprendentes para facernos pensar e divertir.



