A Deputación concede 20 premios a proxectos culturais para a mellora social, incluído o futuro documental “Mulleres Barbanza Arousa” de Pablo Chouza López

04 Agosto 2026

A Deputación da Coruña vén de publicar as 20 iniciativas recoñecidas na segunda edición do Premio a Proxectos Culturais Singulares para a Mellora Social, dirixida a recoñecer e financiar iniciativas culturais que destacan polo seu impacto comunitario, a innovación e a promoción da inclusión.

Entre as propostas distinguidas atópase o proxecto documental Mulleres Barbanza Arousa de Pablo Chouza López. O xurado avaliou a calidade técnica, a singularidade e o impacto social real sobre a cidadanía. Pablo Chouza López conta con experiencia previa na creación de pezas documentais de forte contido social e identitario na zona, sendo tamén o director de obras como Mexillonaria. Neste documental (Mexillonaria) visibilizábase e poñíase en valor o papel fundamental das mulleres no cultivo do mexillón na comarca do Barbanza, un sector historicamente liderado e sostido polo seu esforzo tanto en terra coma no mar”.

O xurado (presidido pola deputada, Natividade González e formado por Alberto Pombo, Ángel Arcay Barral e Sandra Romero García coa xefa do servizo de cultura, Manuela Muñiz, como secretaria) seleccionou un total de vinte proxectos que recibirán contías económicas distribuídas en catro tramos segundo a puntuación obtida.

A resolución desta convocatoria premia a calidade técnica, o compromiso social e a diversidade das linguaxes artísticas presentadas, que van desde o audiovisual e a creación transmedia ata as artes escénicas, os videoxogos educativos e a recuperación do patrimonio inmaterial.

A contía dos galardóns sitúase entre os 2.250 e os 6.750 euros, co obxectivo de impulsar iniciativas con forte enraizamento no territorio e capacidade de transformación social. En total, a Deputación reparte nestes premios 90.000 euros en axudas.

A deputada de Cultura, Natividade González, destacou o “excelente nivel e a variedade das propostas presentadas” nesta segunda convocatoria, sinalando que “a cultura debe entenderse como un motor fundamental para a cohesión, a igualdade e o benestar colectivo na provincia”.

Na categoría máis alta, correspondente aos cinco proxectos con mellor valoración e dotada con 6.750 euros para cada un, situáronse a proposta sobre a memoria no barrio da Agra do Orzán da Coruña titulada Memoria migrante en movemento de Juan Pablo Rodríguez Santiago; o programa de mediación sobre o fin prematuro da infancia CLIC presentado por Culturactiva; o proxecto de memoria mariñeira na Costa da Morte A Rede do Mar de AAntena; a iniciativa Rupestre Sonoro de Noente Paradise e as residencias artísticas para persoas con discapacidade VIVAS da cooperativa Artefeito.

O segundo tramo de premios, con axudas de 5.250 euros por iniciativa, recoñeceu ao proxecto de contos e música para a inclusión Cintas de cores. Contos e música para a inclusión de María Irene Quinteiro Blanco; a iniciativa de recuperación do patrimonio inmaterial Arquivos Vivos de Carmen Purificación Ripamonti Mondelo; a proposta sobre arquitectura popular A arquitectura sen arquitectos, do Cebreiro a W 57th st de Arraianos Producións; a obra escénica sobre accesibilidade e comunidade xorda Somos os monstros da compañía Berrobambán; e o devandito traballo documental Mulleres Barbanza Arousa de Pablo Chouza López.

No terceiro bloque de galardóns, que outorga 3.750 euros a cada proxecto, resultaron elixidas a iniciativa de divulgación de petróglifos con accesibilidade visual A Pedra que fala de Martela Films; o programa educativo Círculos de comunidade na escola da cooperativa Azul Mais Verde; o videolibro e guía sobre memoria LGTBI na terceira idade Vidas de vidro de Promove Consultoría; a sátira audiovisual e videoxogo sobre turismo O noso pasar: A nosa fantasía’ de Melgo Cinema; e o proxecto de investigación e participación comunitaria Alcumes da cooperativa xuvenil A Furna.

Finalmente, a categoría dotada con 2.250 euros por proposta inclúe o programa de creación de videoxogos e innovación en lingua galega O Demo Game Jam da cooperativa Proxecto Espiga; a iniciativa de integración do patrimonio inmaterial e creación sonora Soños analóxicos de Sinsal Audio; o proxecto transmedia de memoria colectiva Cerimonias de Cru Producións; a curta documental sobre maternidade e prematuridade Canguro de Brava; e a recuperación audiovisual histórica A vida borrada de Margot Sponer desenvolvida por Aqueladas.

Un total de 53 solicitudes concorreron a esta convocatoria, na que o xurado avaliou “a solvencia dos equipos, a singularidade das propostas, a calidade técnica e, de xeito prioritario, o seu beneficio e impacto social real sobre a cidadanía”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.