A décima edición da Festa da Navalla de Aguiño repartirá 600 quilogramos do bivalvo este domingo 9 de agosto

07 Agosto 2026

Aguiño prepárase para unha nova cita gastronómica coa décima edición da X Festa da Navalla que servirá entre os comensais uns 600 quilogramos deste bivalvo preparado á prancha a un prezo de 15 euros a ración e amenizado musicalmente por Chiña e Tabernarias.

Trátase dunha cita gastronómica xa consolidada no calendario de verán do concello de Ribeira. O evento terá lugar o vindeiro domingo 9 de agosto de 2026, a partir das 12:00 horas, na contorna do Porto de Aguiño.

Durante a xornada, veñanza e visitantes poderán degustar este preciado marisco das lagoas e costas locais. A cita conta coa colaboración da Cofradía de Pescadores de Aguiño e do Concello de Ribeira, ademais do apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e fondos europeos.

O público poderá tamén degustar arredor de 250 quilogramos de sardiña e setecentas racións de empanada e os tíckets empezarán a venderse a partir das 10.00 horas. Así o deron a coñecer a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro; o concelleiro de Mar e Festexos, Fernando Abraldes; e o presidente da comisión defestas da parroquia aguiñense, Julio Abraldes, xunto a Teruca Sampedro e Pili Millet, integrantes tamén da entidade.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.