Unha persoa falece na praia do Bao na Illa de Arousa

11 Xullo 2026

A súa dona botouse á auga para rescatalo despois de percibir que a vítima pedía auxilio.

Dez minutos antes da unha e media deste mediodía, un particular comunicaba ao 112 Galicia que unha persoa pedía axuda agarrado a unha boia, na ponte da Illa de Arousa, na praia do Bao.

Este alertador xa indicaba aos xestores de emerxencias que a súa muller saíra no seu rescate e que unha vez con el, pedía axuda tamén.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, puideron entre varias persoas, traer ao varón ata terra onde profesionais sanitarios procederon a realizar as manobras de reanimación, mentres o helicóptero medicalizado con base en Santiago do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 se desprazaba ao punto. De feito, a aeronave tomou terra no aparcadoiro de caravanas da zona. Sen embargo, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Ademais do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, o 112 Galicia pasou aviso á Garda Civil, aos Bombeiros do Salnés, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.