Tralo lume da AP-9, UCIN Galicia critica “a falta de prevención” da Xunta de cara aos incendios forestais

24 Xullo 2026
Lume na AP-9 ao seu paso por Padrón este xoves 23

A Unión de Cidadáns Independentes (UCIN Galicia), a través do seu coordinador autonómico, José Luis Calo, criticou a política da Xunta en materia de prevención de incendios tralo lume rexistrado nas marxes da AP-9 á altura de Padrón, este xoves 23 de xullo pola tarde, que obrigou a mobilizar un importante operativo de emerxencias e, segundo UCIN, “puxo en risco a seguridade dos condutores”. Desde UCIN Galicia din que “levamos anos advertindo da falta de limpeza e mantemento das franxas de seguridade nas principais vías de comunicación, especialmente nas estradas de titularidade autonómica, onde, aseguran, a vexetación acumulada converte calquera foco nun grave perigo”.

O coordinador de UCIN Galicia engadiu: “Non abonda con felicitar aos servizos de extinción cando o lume xa está activo. O que hai que facer é evitar que eses incendios se produzan. Cada incendio que puido evitarse é tamén unha responsabilidade política.”, afirmou José Luis Calo, debullando algunhas reclamacións concretas, como un plan permanente de limpeza das marxes das estradas durante todo o ano, o mantemento efectivo das faixas de protección nas autovías e estradas dependentes da Xunta, as inspeccións periódicas para eliminar maleza, silvas e biomasa acumulada, unha maior coordinación entre administracións para reducir o risco de propagación dos incendios, maior investimento en prevención sen limitar os recursos á campaña estival, e unha maior transparencia sobre os contratos de mantemento e a execución real dos traballos.

Segundo UCIN Galicia, o incendio rexistrado na AP-9 evidencia que a prevención segue sendo a gran materia pendente, advertindo de que “nas estradas autonómicas a situación é aínda máis preocupante debido á falta de conservación de numerosos tramos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.