Suma Ribeira doará 5.550 euros para favorecer a accesibilidade nas praias de Ribeira con cadeiras anfibias

17 Xullo 2026

A agrupación Suma Ribeira emitiu un comunicado no que anuncia a decisión de poñer fin ao partido político con que o grupo concorreu nas eleccións municipais de 2019. Informan tamén que actualmente Suma Ribeira dispón duns 5.500€, que, segundo a normativa que regula os partidos políticos, legalmente son de libre disposición. “Na nosa organización estudamos distintas posibilidades sobre o destino destes cartos, sendo maioritaria a opción de doalos ao concello, devolvendo así ás veciñas parte dos cartos recibidos cos votos obtidos nas eleccións de 2019”, sinalan no comunicado, engadindo que “tamén consideramos procedente que a nosa achega económica ao concello fora de carácter finalista e que estivese directamente relacionada con algunha
proposición presentada por Suma Ribeira”. Finalmente as e os integrantes da agrupación decidiron poñer o foco na accesibilidade das persoas con mobilidade reducida, “tema que foi para nós de gran importancia, e sobre o que presentamos dúas proposicións, aprobándose por unanimidade no pleno de 28 de marzo de 2022 a relativa a Accesibilidade integral ás praias do noso concello”.

Deste xeito decidiron que os 5.500€ se dedicasen a adquisición de cadeiras anfibias, para posibilitar o baño coa maior autonomía posíbel ás persoas que carecen dela por problemas de mobilidade.

E engaden: “Cremos procedente informar de que a nosa decisión de doar os cartos foille transmitida ao Concello en decembro do ano pasado, sendo a nosa intención que este verán xa se puidera desfrutar desta axuda para o baño nas praias. Despois de meses de espera o convenio foi asinado o pasado dous de xuño. En Suma Ribeira, ademais de facer pública a nosa decisión, tamén queremos transmitir o noso desexo de que as persoas con problemas de mobilidade que o desexen poidan beneficiarse canto antes da nosa doazón. Agardamos e desexamos que o Goberno municipal comparta a nosa inquedanza porque canto antes as persoas que o precisen poidan beneficiarse desta axuda para o baño. Ao noso entender debería ser unha prioridade”.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.