Rianxo celebra o 22 de agosto a V Andaina Solidaria a Favor do Pobo Saharauí

29 Xullo 2026

A entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza a V Andaina Solidaria a Favor do Pobo Saharauí.

Será o día 22 de agosto e segundo confirmaron dende as entidades organizadoras, “terá un perfil moi accesíbel e disporanse dous percorridos para que as persoas participantes poidan escoller a distancia que máis lles preste”.

Todo o recadado será para a dita entidade solidaria: uns fondos que permiten, entre outras cousas, financiar o programa Vacacións en Paz, unha iniciativa na que se envorca cada ano o Concello e cidadanía de Rianxo favorecendo que moitos nenos e nenas pasen o verán afastados das temperaturas que nestes meses se acadan nos campos de refuxiados do deserto.

Temos máis información sobre a andaina na web Emesports.

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen distinción de idade ou sexo sempre “que se inscriban axeitadamente”. As persoas participantes menores de idade deberán cumprimentar unha autorización paterna, materna ou do/a titor/a legal para poder participar.

As persoas que non poidan participar poden facer a súa achega de colaboración a través do Dorsal 0.

Saída e chegada a praza Castelao

Establécense 2 percorridos na contorna do paseo marítimo e a senda litoral de Taragoña.

1 Percorrido verde: 5 km.

2 Percorrido Vermello: 11 km.

A saída do evento realizarase despois da actuación dos Gaiteiros de Fogo Fatuo, a partir das 10:00 horas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.