Rescatado un traballador tras caer a un pozo de cinco metros de profundidade en Porto do Son

30 Xullo 2026

O operario, que sufriu lesións nun brazo pero permaneceu consciente en todo momento, venceu a tapa do pozo mentres traballaba no lugar de Loreto, en Noal.

Bombeiros Ribeira

Un susto de consideración que, afortunadamente, quedou en lesións de diversa consideración sen perigo vital. Os servizos de emerxencias mobilizáronse este mediodía no concello de Porto do Son para rescatar a un traballador que caera ao interior dun pozo duns cinco metros de profundidade mentres realizaba os seus laborais.

O suceso tivo lugar no lugar de Loreto, na parroquia de Noal. Corría o fío das 12:30 horas cando a central do 112 Galicia recibía a chamada de alerta dun particular. Segundo explicou a persoa que deu o aviso, o seu compañeiro de traballo precipitárase ao baleiro despois de que cederase e rompera a tapa que cubría a cavidade.

Malia o impacto dos cinco metros de caída, o traballador mantívose consciente en todo momento, aínda que presentaba feridas e dor nun brazo como consecuencia do golpe.

Despregue de emerxencias no lugar

A alerta activou de inmediato un amplo operativo de rescate no que participou un importante número de efectivos da comarca. Ata o lugar de Loreto desprazáronse os Bombeiros de Boiro e de Ribeira, xunto a membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia e patrullas da Policía Local de Porto do Son e da Garda Civil.

Grazas á rápida intervención dos equipos de salvamento, o operario puido ser evacuado do interior do pozo e posto a salvo na superficie. Unha vez fóra, foi atendido de urxencia no propio punto polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se desprazou ata a zona a bordo dunha ambulancia para prestarlle os primeiros auxilios e valorar o seu traslado a un centro sanitario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.