Prisión provisional para o detido por matar a seu pai en Aguiño

31 Xullo 2026

A xuíza do Xulgado de Instrución 1 de Ribeira decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do detido como principal sospeitoso da morte violenta do seu pai na parroquia de Aguiño, en Ribeira. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informou este venres da decisión da xuíza sobre o detido, investigado polos delitos de homicidio e tenencia ilícita de armas.

Os feitos, ocorridos no domicilio familiar da rúa da Vionta, rexistráronse ás dúas da tarde do pasado mércores, cando o detido propinaría varios disparos ao seu pai cun arma de fogo. A vítima foi conducida ao hospital en estado crítico, pero non sobreviviu ás feridas causadas polos impactos de bala.

O presunto autor foi arrestado despois de confesarlle a un veciño o ocorrido e pedirlle que chamara ao 112.

TVG

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.