“Priman os intereses políticos á hora de falar dos dereitos dos descendentes os migrantes galegos?” – Antón Luaces

05 Xullo 2026

Ningún dos seis presidentes autonómicos que tivo a comunidade galega na súa historia deixou de visitar os países hispanofalantes nos que a presencia de migrantes galegos ten e tivo un peso específico. Nomeadamente, Argentina, Venezuela, Cuba e Uruguay, onde esa presencia foi case que sempre de relación máis ou menos fraternal, ben coma asalariados, ben coma empresarios.

En calquera caso, a viaxe dos presidentes galegos a eses e outros países de tradición migrante para os galegos -agás Europa e Norteamérica- teñen un referente específico nas tradicionais “casas” de Galicia en cidades coma Buenos Aires, Caracas, Maracaibo, La Habana ou Montevideo, visitadas no seu momento por presidentes da Xunta de Galicia que se gababan do labor asociativo desenvolvido aló polos galegos e que, en moitos casos, se transferían á propia Galicia convertidas en axudas económicas para a construción e funcionamento de escolas públicas ou centros sociais que aínda seguen en funcionamento en concellos que moi ben se serviron da súa existencia ata os nosos días.

Malia todo, o actual responsábel de Exteriores da Xunta cuestiona o dereito ao voto dos descendentes deses migrantes, cadrando coa expresión destes cos seus anceios por contar con representantes propios do colectivo nas Cortes españolas, unha cuestión aceptada no seu momento polo presidente Fraga Iribarne, que arrastraba un pasado absolutamente contrario ao que posteriormente fixo e que os seus continuadores na presidencia da Xunta ignoraron descaradamente.

Isto fai cavilar na exclusiva existencia de intereses políticos á hora de primar o recoñecemento ou non dos dereitos que corresponden por exemplo aos netos dos migrantes ou exiliados. Porque semella incongruente que un presidente da Xunta chore en presencia dos migrantes e louve o labor por estes desenvolvido nos países de actual residencia, cando no de orixe non se lle recoñecen os dereitos que para eles reclama o Goberno español.

Sería quen o actual PP de lle negar eses dereitos aos fillos de Fraga Iribarne, netos de migrantes en Cuba, como o propio presidente Fraga lembraba en Santiago de Cuba na súa primeira visita a esta illa caribeña?. 

Permítame o lector que o poña en dúbida. Antes, Alfonso Rueda e propio Núñez Feijoo facerían mutis polo foro.  

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.