Portos inviste 50.000 euros na renovación do pavimento do peirao flotante de embarcacións pesqueiras e tradicionais de Ribeira

23 Xullo 2026

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a investir 50.000 euros na renovación integral do pavimento de madeira do peirao flotante (pantalán) para embarcacións pesqueiras e tradicionais do municipio coruñés de Ribeira. Os traballos, que se atopan en execución, inclúen tamén a mellora do pavimento da pasarela que dá acceso a este pantalán de descarga.

En concreto, as obras consisten no desmonte do pavimento de madeira, formado por táboas e dormentes, e a posterior substitución por novo pavimento tecnolóxico de maior durabilidade e resistencia ante condicións climatolóxicas adversas. O ámbito da actuación abrangue 374 metros cadrados de pavimentos. Portos informou que “en todo momento facilitarase o acceso dos usuarios ás súas embarcacións, adoptando as medidas precisas”.

Con esta actuación, Portos de Galicia busca “mellorar a seguridade do tránsito nestas instalacións flotantes minimizando os riscos de esvarar ou de accidente”, e ademais quedarán repostas as táboas en mal estado debido ao deterioro do material polas condicións climatolóxicas severas que soportan e a acción do mar.

As obras no porto de Ribeira enmárcanse nun contrato global para unha decena de portos autonómicos por importe de 640.000 euros. Con este plan, o ente público reforzará a resistencia das instalacións flotantes ante condicións adversas no porto ribeirense así como nos de Lorbé (Oleiros), Muxía, Muros, A Barquiña (Outes), A Pobra do Caramiñal, Carril (Vilagarcía), Vilanova de Arousa, O Grove e Baiona.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.