Portos encarga a retirada do camión incendiado en Ribeira “con máxima celeridade”

21 Xullo 2026

Portos de Galicia encargou a retirada nas próximas horas do camión abandonado na explanada do porto de Ribeira (A Coruña) que resultou calcinado nun incendio o pasado 21 de maio. O ente público xestionou cunha empresa autorizada a retirada do vehículo, “que se realizará previsiblemente esta tarde, unha vez que o Xulgado acaba de retirar o precinto que tiña decretado sobre el”, informou Portos, que engade que esta xestión realizouse de “xeito inmediato” e que con esta retirada “cúmprese co compromiso acadado co Concello e os usuarios do porto de Ribeira na recente visita da presidenta do ente público, Natalia Botana, ás instalacións portuarias”.

Neste encontro co alcaldesa, María Sampedro, e o patrón maior, José Antonio Pérez, a presidenta de Portos trasladou que para o ente público sería prioritaria a retirada do vehículo unha vez que contase con autorización xudicial para iso. “Deste xeito recupérase o espazo da explanada do porto, eliminándose riscos de seguridade e ambientais e aportando maior limpeza ao espazo, que acollerá ademais nos vindeiros días as festas da localidade”, explica Portos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.