Pintura e escultura van da man na exposición coa que Jontxu Argibay homenaxea ás mulleres en Ribeira

27 Xullo 2026


O Centro Cultural Lustres Rivas segue achegando arte coa exposición titulada Mulleres, de Jontxu Argibay, que se enmarca na programación da Fiestra da Cultura e nas Festas do Verán de Ribeira. A inauguración desta mostra na que pintura e escultura van da man terá lugar no xoves, 30 de xullo, ás 21.00 oras.
Esta mostra está integrada por 18 pinturas nas que este artista local emprega diferentes técnicas como a acuarela (11 pezas) e o óleo (7 pezas) para render homenaxe á figura feminina dende a admiración, o respecto e a beleza. Aida Tarrío, Cristina Castaño, Susana Sampedro, Rosalía Vila ou Candela Peña son algunhas das mulleres que se poden contemplar dende a creatividade do autor.

En canto ás esculturas, hai 19 tallas confeccionadas con distintos materias como aglomerado (13), talla directa (4), mixta (1) e cerámica (1) que reflicten perfís femininos, a maternidade e, incluso, homenaxe ás Heroínas de Sálvora.

Dende a Área de Cultura do Concello de Ribeira lembran que “a obra de Jontxy Argibay xa forma parte da identidade cultural do municipio a través das diferentes pezas escultóricas integradas na paisaxe urbana tales como como o Polbeiro de Castiñeiras, sinal de identidade da súa parroquia natal; a Segadora de Olveira, onde pon en valor o duro traballo da muller do campo; ou a figura eterna do mestre Manuel Ayaso, sentado na praza do Concello como era habitual atopalo, pintando e escribindo, é reflexo da influencia que tivo Ayaso nas creacións de Argibay”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.