Os socialistas de Ribeira din que o lavadoiro de Penisqueira atópase nun estado de abandono

15 Xullo 2026

O PSdeG de Ribeira levará ao pleno municipal a situación do lavadoiro da Penisqueira, en Aguiño, unha situación que os socialistas cualifican de “abandono” e de “deterioro apenas tres meses despois da inauguración da súa postas a punto”. Lembran que a actuación foi aberta ao público o pasado 25 de marzo e que “supuxo un investimento de 48.198,54 euros”. Tratouse dunha intervención destinada a recuperar un espazo de especial valor histórico, social e paisaxístico para a parroquia.   

O portavoz socialista, Fran Suárez-Puerta, considera “incomprensíbel” que “unha obra tan recente presente xa unha falta evidente de coidados”. E engadiu: “Non estamos falando dun espazo abandonado dende hai anos, senón dunha actuación inaugurada hai apenas tres meses e financiada con diñeiro público”. Segundo dixo, “o problema non se limita á mala imaxe que ofrece actualmente o lavadoiro, xa que a ausencia dunha limpeza regular e dun mantemento continuado pode favorecer a degradación dos elementos rehabilitados, incrementar o risco de escorregamentos e provocar problemas de salubridade nunha zona frecuentada tanto pola veciñanza como polos visitantes”.   

O voceiro incidiu tamén “na relevancia social do enclave” e lembrou que o propio Goberno local o presentou como parte da memoria colectiva de Aguiño.

O PSdeG lembra tamén “que a actuación foi executada con fondos europeos”, polo que considera “necesario garantir a súa conservación, funcionalidade e permanencia no tempo”. Para os socialistas, “a responsabilidade municipal non remata coa finalización da obra nin coa súa presentación pública”, senón que debe “continuar cunha planificación estábel de limpeza, revisión e reparación das deficiencias que poidan aparecer”.

Por este motivo, o Grupo Municipal Socialista reclamará ao Goberno local “unha actuación inmediata para limpar e acondicionar o lavadoiro, revisar o estado dos elementos rehabilitados e corrixir as deficiencias existentes”. A formación solicitará tamén “a creación dun plan de conservación posterior para todas as actuacións de recuperación do patrimonio que se están levando a cabo no municipio, co obxectivo de evitar que situacións coma esta volvan repetirse”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.