Os Jalochos presentan na Pobra A Landra Viaxeira e o amigo Lambón, unha proposta para gozar en familia

20 Xullo 2026

O Cantón da Leña acollerá este martes, 21 de xullo, ás 20.30 horas, a representación de A Landra Viaxeira e o amigo Lambón, o espectáculo familiar de Os Jalochos, dentro da programación cultural de verán da Pobra do Caramiñal.

A compañía, formada por Sabela Olivares e Suso Bello, ofrece unha proposta que combina música, baile e narración para seguir a Landra e ao seu amigo Lambón nunha viaxe por Galicia. Ao longo do percorrido, coñecerán personaxes como Picapeixe e Picapaus, Ramón o Salmón, a píntega Leda, Old Pot ou Lara, a píllara espacial.

Durante o espectáculo, unha folla de carballo transfórmase en distintos medios de transporte para acompañar esta aventura, que convida a descubrir diferentes lugares de Galicia a través da música e da participación do público.

A obra promove valores como o respecto pola natureza, achega a lingua de signos ás crianzas e anima a cantar e bailar, converténdose nunha experiencia pensada para o desfrute do público familiar.

Esta actuación forma parte da programación cultural de verán impulsada polo Concello da Pobra do Caramiñal, que continúa ofrecendo actividades para todas as idades nos diferentes espazos públicos do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.