“Os bosques urbanos palían a crise climática desde as cidades” – Antón Luaces

05 Xullo 2026

Dende uns anos a esta parte, as cidades e vilas galegas están a recuperar as zonas arboradas que tiñan vai anos. Unha delas é A Coruña, que está e reformular o seu concepto de rúa, sen máis, para transformar estas en “bulevares” ou “alamedas”, un tipo de avenida de dobre sentido con amplas zonas peonís nos seus laterais ou o centro que, aínda en proxecto de construción ou de reposición do arborado, son apreciadas xa nas populosas rúas da Mariña-Cantóns, Santo André, A Torre ou Beiramar onde o cemento das beirarrúas de losetas abren espazos de seu para as árbores e un bo número de bancos estratexicamente situados para solaz da cidadanía que, ao tempo que descansa, goza da sombra deste caloroso verán. 

Máis non se trata de “decorar” as cidades senón de acadar un apoio ecosistémico que logre contornas urbanas saudables e sostibles.

Os “bosques urbanos” atópanse entre as solucións baseadas na natureza máis efectivas para as cidades. Pero, malia a súa importancia, as políticas actuais carecen de financiamento abondo. Por este motivo non se aplican correctamente e limitan os seus beneficios sobre o clima. 

Un novo ensaio, publicado en Plos Climate, esixe que as políticas para protexer os espazos verdes teñan suficiente amplitude e financiamento ao longo do tempo. Segundo esta investigación, liderada pola Universidade de Bangor (Reino Unido), a expansión das cidades impulsa a liberación de gases de efecto invernadoiro, altera os climas locais e acelera a perda da biodiversidade, con efectos nocivos nos humanos e o planeta. 

Os expertos dan por feito que en 2050 o 70% da humanidade residirá nas cidades, o que intensificará a demanda de zonas verdes que funcionen coma unha liña de defensa contra os fenómenos extremos. Debido a esta urxencia global, os investigadores identificaron catro fendas na xestión da administración actual dos bosques urbanos.

Estas contornas abranguen tódalas árbores e a vexetación leñosa das paisaxes urbanas desde o centro ata as zonas máis afastadas. Tamén proporcionan servizos que sosteñen a infraestrutura climática que permite o arrefriado das temperaturas urbanas, a redución da contaminación e o ruído, a mellora de infiltracións  do solo e a protección contra a radiación solar. Promoven estilos de vida máis saudables ao reducir enfermidades relacionadas co estrés e benefician aos cidadáns coa súa beleza ao enriquecer a vida cultural das cidades.

A comarca do Barbanza, se ben dispón dunha rica contorna arborada, non planifica axeitadamente os seus “bosques urbanos”, máis preocupados os seus gobernantes pola proliferación do cemento e o ladrillo como elementos dunha rendibilidade máis rápida e economicamente máis efectiva. 

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.