O sábado celébrase a XXXVI edición do Festival Folclórico de Escarabote

08 Xullo 2026

Este sábado 11 de xullo vaise celebrar a XXXVI edición do Festival Folclórico de Escarabote. Será a partir das 21.00 horas no porto da vila mariñeira boirense.

Organiza a Asociación Cultural Pedra da Aroña coa colaboración do Concello de Boiro.

Nesta edición, o grupo anfitrión compartirá o escenario cunha formación convidada de fóra de Galicia para amosar as súas tradicións, concretamente con Las Refajonas de Níjar (Almería), que viaxan desde Andalucía para amosar a súa música, bailes e traxes típicos.

O festival está impulsado pola Asociación Cultural Pedra da Aroña, unha entidade histórica de Escarabote (Boiro) fundada no ano 1987. Levan case catro décadas dedicados á preservación, ensino e difusión da música e do baile tradicional galego na comarca do Barbanza

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.