O PSOE de Ribeira di que “a Xunta, Xestur e o PP de Ribeira bloquearon durante anos o financiamento do polígono”

08 Xullo 2026

O PSOE de Ribeira emitiu un comunicado a respecto do proxecto do novo polígono de Pedras Vermellas e do anunciou achegado pola Xunta este martes 7 de xullo no que se confirma que Xestur asumirá a actualización do proxecto, o financiamento, a licitación e a execución das obras do proxecto. “Isto”, din, “confirma o que os socialistas veñen advertindo desde hai tempo: un proxecto desta dimensión non podía depender só da capacidade económica do Concello e precisaba da implicación real da Xunta de Galicia”. O portavoz do grupo, Fran Suárez-Puerta, sinalou que “se o proxecto chegou ao punto no que se atopa hoxe, foi grazas ao traballo desenvolvido polo goberno municipal anterior, do que formaba parte o PSOE” e engadiu que “a Xunta entra agora porque había un traballo previo feito, porque houbo xestión, tramitación e impulso municipal”.

Suárez-Puerta dixo tamén que “o proxecto herdado do Partido Popular arrastraba erros graves na súa delimitación, chegando mesmo a incluír parcelas situadas no termo municipal da Pobra do Caramiñal, co atraso administrativo que iso provocou”. E engadiu: “É difícil falar de boa xestión cando nin sequera foron quen de delimitar correctamente o ámbito dentro dos límites do seu propio concello. Fronte a esa situación, foi o goberno anterior, coa participación do PSOE, quen tivo que impulsar a tramitación para conseguir que Ribeira chegase ata aquí”.

O portavoz socialista considerou que “a entrada de Xestur demostra que a Xunta podía implicarse moito antes” e sinalou que “durante anos, mentres o PP non gobernaba en Ribeira, a Xunta escudouse en que o polígono era un proxecto municipal para non colaborar de maneira real”. De feito, engadiu Suárez-Puerta, “nin Xestur nin a Consellería de Economía e Industria querían simplemente sentarse a escoitar o proxecto”. Porén, apuntou, “agora todo son facilidades: de súpeto, Xestur asume a modificación técnica, o financiamento e a futura execución das obras”.

Suárez-Puerta enmarcou esta situación no seguinte patrón: “É o mesmo que pasou coas festas de Ribeira, coa residencia de maiores e agora co polígono industrial. Desde Santiago bloquean, atrasan ou deixan morrer os asuntos cando non goberna o PP; e despois, cando interesa politicamente, aparece unha foto coa señora Sampedro e parece que todo se arranxa. Como dicía Aznar, ‘quen poida facer, que faga’; e a Xunta fixo: fixo todo o posible para frear Ribeira cando non gobernaba o PP”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.