O PSOE de Rianxo reclama á Xunta unha “mellor planificación sanitaria durante o verán”

09 Xullo 2026

O PSOE de Rianxo volveu participar esta semana na concentración convocada diante do Centro de Saúde pola Plataforma SOS Sanidade Pública, unha iniciativa que cada sete días reúne a veciñanza para reivindicar melloras na atención sanitaria do municipio. Os socialistas quixeron aproveitar esta nova convocatoria para denunciar, sinalaron, “a falta de planificación da Xunta de Galicia durante os meses de verán, cando coinciden as vacacións de boa parte do persoal sanitario cun importante incremento da poboación en Rianxo”.

Desde o PSOE consideran que “esta situación non é nova nin imprevisíbel, polo que non se pode aceptar que continúen sen cubrirse as ausencias do persoal sanitario, e como consecuencia, incrementándose os tempos de espera para conseguir unha consulta, aumentando a carga de traballo dos profesionais e resentíndose a calidade da atención que recibe a veciñanza”.

“A Xunta coñece perfectamente esta realidade. Sabe cando se producen as vacacións do persoal e tamén que Rianxo recibe durante o verán unha importante poboación estacional. O que falta é vontade para planificar os reforzos necesarios e garantir unha asistencia sanitaria en igualdade de condicións durante todo o ano”, sinalan desde a agrupación socialista.

O PSOE de Rianxo quixo reafirmar o seu compromiso de seguir acompañando á veciñanza nas concentracións impulsadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública e de trasladar estas demandas ás institucións competentes. Lembran que entre as principais reivindicacións que defenden para mellorar a atención sanitaria no municipio destacan: a recuperación dun PAC operativo durante as 24 horas, a dotación dunha ambulancia con cobertura permanente as 24 horas, o reforzo do servizo de pediatría e a cobertura de todas as vacantes e das ausencias do persoal sanitario, tal e como recolle o Plan Director do Centro de Saúde de Rianxo.

Os socialistas din que “o propio Plan Director identifica a necesidade de reforzar os recursos humanos do centro, polo que consideran imprescindible que a Xunta cumpra cos compromisos adquiridos e garanta que as vacacións do persoal non supoñan unha diminución da calidade asistencial”.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.