O noiés Jorge Gallardo e o alumnado da Escola Municipal de Teatro Infantil presentan este sábado “Cousas estrañas”

03 Xullo 2026

O Coliseo Noela (Noia) vai acoller este sábado 4 de xullo a estrea dunha obra do autor Jorge Gallardo, veciño da localidade, que achega ao público da vila “unha divertida aventura protagonizada por cinco rapaces”.

Trátase da peza xuvenil Cousas estrañas, cuxa representación encádrase na festa de fin de curso da Escola Municipal de Teatro Infantil de Noia.

Será este sábado ás 19.00 horas no Coliseo Noela. A obra cóntanos a historia de Saleta, Daniela, Ismael, Noemí e Daniela Piñeiro, cinco nenos que nunha noite de tormenta son elixidos para salvar á humanidade dun final catastrófico logo de que un lóstrego caia sobre a Igrexa de San Martiño. A entrada será libre até completar o aforo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.