O alumnado de Tahume XI, impulsado dende Ribeira e O Son, prepárase xa para dar o chimpo á parte práctica

20 Xullo 2026

O alumnado do obradoiro de emprego Tahume XI, que comparten e impulsan en colaboración os concellos de Ribeira e O Porto do Son, afronta as últimas clases teóricas para levar todo o aprendido á práctica. De feito, nestes días concluíu a formación en prevención de riscos laborais, tanto na súa parte común como na concreta de cada especialidade; un requisito necesario para desenvolver o traballo con tódalas garantías de seguridade.

Tamén remataron os módulos de igualdade e os primeiros das especialidades de carpintería e forestal, nos que o grupo amosou “implicación e evolución”, segundo confirmaron os ditos concellos, engadindo que xa recibiron, ademais, os equipos de protección individual (EPI) cara ao inicio de dar o salto á obra.

A concelleira ribeirense de Promoción Económica, Carmen Pérez, refírese a este programa como “unha ferramenta para aprender e levar á práctica tódolos coñecementos adquiridos, mellorando así as perspectivas de empregabilidade ao formar en especialidades con demanda de traballadores. Ademais, esta nova edición constata que, as precedentes, foron todo un éxito e esta convocatoria vai polo mesmo camiño”.

Desenvolvemento do obradoiro

Este programa botou a andar no pasado mes de xuño; período no que un total de 20 persoas comezaron a formarse. Combina tanto formación teórica como práctica, e ten o obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas dos dous concellos, onde o alumnado recibe formación no ámbito profesional de forestal e de produción de carpintería e móbel.

Durante nove meses asisten ás especialidades de Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble; Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais; Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Traballos de carpintería e moble.

A maiores da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibe formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras. Este obradoiro conta co apoio da Consellería de Emprego Comercio e Emigración, que aporta unha achega de 546.552 euros para esta iniciativa de emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.