O Goberno local de Boiro valora “moi positivamente” o desenvolvemento das Festas do Verán 2026

10 Xullo 2026

O alcalde, José Ramón Romero, valorou “moi positivamente” o desenvolvemento das Festas do Verán 2026 que o Concello de Boiro celebrou do 3 ao 8 de xullo e “nas que se contou con programación para todas as idades e gustos, repartida en distintos horarios e puntos do núcleo urbano co obxectivo de diversificar as actividades”, sinalou no seu balance, destacando que “en seis días e cunha gran afluencia de xente non se produciron incidencias graves”. E engadiu: “Sabemos que as festas causan tamén inconvenientes á veciñanza polo ruído e os problemas de circulación polos que pedimos desculpas e polos que traballamos para que sexan os mínimos posibles”, recoñeceu o alcalde, apuntando que “nestas celebracións priorizamos a seguridade e contamos cun Posto de Mando Avanzado mediante o que se visualizou en tempo real o que acontecía nos distintos espazos”.

Outro dos puntos que resaltou o alcalde foi “a planificación da verbena do último día, para a que foron adoptadas medidas previas que comezaron semanas antes como habilitar espazos de aparcamento periféricos para desconxestionar o centro urbano, pechar o aparcamento da praza de Galicia e reforzar a mesma pois prevíase un peso superior ao doutros anos e outros días da festa”.

Durante a intervención o mandatario agradeceu tamén “o esforzo dos distintos departamentos do Concello que se multiplicaron a prol da seguridade, da limpeza, do orde… eles foron parte de este éxito colectivo das Festas do Verán que ocupan un lugar preferente no calendario galego”.

O alcalde lamentou “a intención de determinadas persoas que trataron de facer fracasar as Festas do Verán alarmando á poboación con falsidades e que non buscaban o ben colectivo senón o beneficio propio. Os boirenses obviaron os seus bulos e desfrutaron dun feche festivo histórico”.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.