O GAEM de Ribeira incorpora un quad para o desenvolvemento das súas tarefas

15 Xullo 2026

O Concello de Ribeira adquire un quad para o Grupo de Atención e Emerxencias Municipal grazas á colaboración da Xunta de Galicia despois de que a Administración local resultase beneficiaria dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental por importe de 6.519,52 euros dos 8.826,70
euros que custa o vehículo.

A alcaldesa e titular da área de Seguridade Cidadá, María Sampedro, estivo na recepción deste vehículo xunto a varios integrantes do GAEM. “Fortalécense así os medios materiais cos que conta este grupo de emerxencias no desenvolvemento das súas tarefas habituais, especialmente, en terreos nos que custa máis desprazarse cun turismo ou furgoneta. Deste xeito, o quad será de especial utilidade en dispositivos de emerxencia como andainas ou carreiras,
asistencia en praias, apoio en operativos de busca de persoas desaparecidas, avituallamentos en incendios ou axuda para a retirada de animais varados nos areais. Con relación a isto último, aforraranse cartos pola retirada dos cetáceos que aparecen mortos no litoral”, en palabras da rexedora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.