O Concello de Ribeira executa unha campaña especial fronte a roedores e cascudas

14 Xullo 2026

Co bo tempo, os roedores e as cascudas (cucarachas) adoitan pasar do sistema de sumidoiros á superficie, polo que o Concello de Ribeira executa unha campaña especial durante esta semana que se suma aos controis habituais que se realizan.

Ambitega Plagas S.L. atópase nestes días polas rúas do núcleo urbano e das parroquias para aplicar tratamentos de desratización e insecticida na rede de sumidoiros con produtos específicos para estas especies que non afecta ao resto da fauna nin aos seres humanos.

Tamén están procedendo con outras medidas correctoras en superficie como, por exemplo, o selado de buracos onde habitan os roedores ou as cascudas.

O concelleiro de Sanidade, Vicente Mariño, explica que “intensificamos o control fronte a roedores e insectos dado que esta problemática se incrementa no período estival. Son tratamentos específicos que atinxen só a estes animais e non ao resto de fauna nin ás persoas. Poñemos así solución a esta situación no conxunto de Ribeira e seguiremos cos controis rutineiros que facemos durante todo o ano”.

Estes traballos supoñen un investimento de 3.308,80 euros, IVE incluído, a executar en numerosas vías e outros espazos públicos.

Nestas primeiras xornadas xa actuaron en varios lugares do centro da cidade, así como nas parroquias de Corrubedo, Olveira, Oleiros e Palmeira, para ir estendendo esta medida ao resto do termo municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.