O Concello de Ribeira abre o prazo de preinscrición da Escola Municipal de Ballet

20 Xullo 2026

O Concello de Ribeira abre dende este luns 20 de xullo e ata o 28 de xullo o prazo de preinscrición na Escola Municipal de Ballet para o curso 2026/2027. A solicitude deberase descargar dende ribeira.gal e enviala debidamente cuberta ao enderezo electrónico danza@ribeira.gal. Tamén se poderá entregar
presencialmente no Conservatorio Profesional de Música ‘Enrique Paisal’, de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas.

A formación clásica está orientada tanto para rapazada a partir de 7 anos como para persoas adultas.

“Despois do verán toca volver ás aulas e non só no plano académico, tamén coas distintas actividades fóra de horario lectivo para os pequenos e, en tempo de lecer, para os adultos. Agora é o momento de ir organizando o vindeiro curso”, en palabras da concelleira de Educación, Nucha Brión. A matrícula normalizarase na segunda quincena de setembro deste ano. Máis información no teléfono de contacto 981 377 295.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.