O Concello de Rianxo xa superou o millón de euros en obras licitadas no que vai de 2026

14 Xullo 2026

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde, Julián Bustelo, fixo balance das obras que xa foron licitadas no que vai de ano, uns proxectos que consolidan un importante ritmo de investimento público durante a primeira metade de 2026. Segundo fixo saber o Goberno municipal, “esta cifra sitúa ao municipio no camiño de superar os 1,5 millóns de euros licitados ao longo de 2025”.

O rexedor salienta tamén “este volume de investimento responde ao compromiso de seguir mellorando os servizos básicos, renovar infraestruturas e impulsar actuacións que contribúan á calidade de vida da veciñanza, mantendo un elevado nivel de execución e planificación de proxectos durante todo o ano”.

Nesta primeira metade do ano licitáronse xa as seguintes actuacións:

-Ampliación das redes de abastecemento e saneamento no núcleo de Villanustre (Asados) – 197.582€.

-Ampliación da rede de saneamento no lugar de Tronco (Rianxo) – 208.785,50€.

-Ampliación da rede de abastecemento d auga entre Corques e Outeiro (Taragoña) – 90.713,70€.

-Renovación da rede viaria do núcleo do Regueiro (Isorna) – 63.401,56€

-Terceira e última fase do proxecto re renovación das luminarias do paseo marítimo (tramo praia do Pazo – praia da Torre) – 40.000€

-Renovación do alumeado público na vila de Rianxo – 493.257,43€

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.