O Concello de Boiro propón ao pleno destinar 805.865’43 euros do remanente en diversas obras

22 Xullo 2026

O Goberno local de Boiro vai propor ao pleno da Corporación, para o seu debate e aprobación, destinar 805.865’43 euros do remanente en diversas obras e actuacións de pavimentado. Estas actuacións completan ás que xa están aprobadas para executar no último semestre do ano.

O alcalde José Ramón Romero nunha foto recente das obras do parque de Cimadevila

En canto a actuacións de pavimento, proxéctase a execución do asfaltado da vía de Berres ata o Saltiño, unha actuación dun importe de 103.519,46 euros coa que se vai emendar o gran deterioro do firme con zonas desgastadas que fai que perda as condicións axeitadas de rodaxe. Trátase dunha estrada que discorre maioritariamente por solo rústico e que presta servizo a un pequeno ámbito residencial.

Tamén se contempla nesta relación o pavimentado de vías municipais no núcleo de Boiro, unha actuación dun importe de 109.520,42 euros na que se contempla o asfaltado dunha vía da zona da escola unitaria e centro médico do Saltiño; o Camiño Real; a rúa Breiro no tramo comprendido entre a AC-305 e a av. da Constitución; e a zona da rotonda da Mancomunidade e a rúa Salvador Allende.

En canto a pavimentados presentase tamén para aprobación o proxecto de pavimentado da pista municipal do depósito a Espiñeira, unha actuación de 100.387,17 euros para arranxar unha pista pública que da acceso ao depósito municipal de auga que presenta un avanzado estado de deterioro.

En canto ás obras que se pretenden executar está o proxecto do miradoiro de Vista Alegre a acondicionamiento dos accesos, unha actuación que ascende aos 165.965,81 euros e que pretende a urbanización da zona do miradoiro de Vista Alegre, nun punto elevado da Boliña, creando un espazo público separado dunha zona de aparcamento e mellorando os accesos.

Outro dos proxectos que se contemplan é o da renovación de servizos no Monte do Sino, unha actuación de 139.139,52 euros coa que se van executar novas canalizacións de abastecemento de auga, saneamento de fecais e pluviais, así como a reposición dos firmes.

A mellora de servizos e senda en Bermo, un proxecto de 140.528,08 euros, unha vía que presenta deterioro no firma, zonas desgastadas e irregularidades superficiais. As obras previstas consisten na execución de novas canalizacións para a rede de saneamento e para a recollida de augas pluviais; así como os traballos para execución da senda prevista.

O último dos proxectos que se contempla é o de recuperación e embelecemento da fonte e lavadoiro de Cabo de Cruz, un proxecto de 46.804,97 euros para a rehabilitación dos elementos que forman parte da fonte e o lavadoiro para evitar o deterioro destes elementos etnográficos e corrixir o impacto que producen na paisaxe.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.