O pleno da Corporación de Boiro, na súa sesión celebrada este xoves 23 de xullo, aprobou a designación de festivos locais para o 2027. As datas designadas serán o 16 de xullo, festividade do Carme; e 31 de agosto, festividade de San Ramón.
Corresponde a cada administración local fixar dúas datas como festas locais que serán inhábiles ao traballo, retribuídas e non recuperables de xeito que se suman ás xa fixadas pola Comunidade Autónoma e o Estado. Deste xeito, no ano 2027 en Boiro serán festivos locais o venres 16 de xullo, Día do Carme; e martes 31 de agosto, celebración de San Ramón de Bealo.





