O Concello de Boiro executa as obras para a reordenación e urbanización do Parque de Cimadevila

14 Xullo 2026

O Concello de Boiro está a executar as obras para a reordenación e urbanización do parque de Cimadevila. O alcalde, José Ramón Romero, visitou este martes 14 de xullo o lugar para coñecer como se están a desenvolver as actuacións.

Con esta actuación o que se pretende é a renovación dun espazo de lecer situado no lugar de Cimadevila, así como aumentar os espazos de aparcamento nunha zona moi transitada.

“Seguimos traballando no acondicionamento de espazos públicos e na dotación de servizos á veciñanza como neste caso cun parque infantil e dotación de zona de aparcamento nun lugar con moita demanda”, destacou o alcalde, engadindo que as actuacións que se pretenden levar a cabo implican o desmonte e recheo de terreos coa execución de muros; o transplantado de árbores; a pavimentación da zona de aparcamento; a pavimentación do parque infantil; a reordenación dos contedores; e a instalación de mobiliario, sinalización e outros equipamentos.

Esta actuación, que ascende aos 178.365,18 euros está financiada mediante o POS+ Concellos da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.