O Concello de Boiro destina 8.000 euros en axudas ao estudantado para o curso 2026/2027

31 Xullo 2026

O Concello de Boiro realiza unha nova convocatoria das bolsas a estudantes, destinadas a contribuír cos gastos derivados dos estudos postobrigatorios no curso 2026/2027. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, presentaron a convocatoria de axudas que abrirá nos vindeiros días.

A convocatoria de axudas divídese en dúas liñas, unha delas para o alumnado que cursa os seus estudos dentro do termo municipal e a outra para os que o cursan fóra do concello de Boiro. O alumnado solicitante deberá ser maior de 16 anos; estar empadroado no Concello de Boiro cunha antigüidade mínima de 1 ano; e non ter repetido o curso anterior.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles logo da publicación da convocatoria. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.