O BNG reclama cubrir todos os médicos en Ribeira e Aguiño

30 Xullo 2026

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública do Barbanza volveuse concentrar este xoves 30 de xullo diante do Centro de saúde de Ribeira para reclamar á Consellería de Sanidade a cobertura das prazas vacantes, das baixas e vacacións do persoal médico, “unha situación que está a provocar un progresivo deterioro da atención sanitaria no municipio”, sinalaron. Esta petición foi secundada polo Bloque Nacionalista Galego, que volveu participar na mobilización.

O ex-alcalde e portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, advertiu de que “estamos nun momento de moita presión asistencial, cun importante incremento da poboación durante o verán e coincidindo ademais coa celebración das festas, polo que resulta incomprensíbel que a Xunta se negue a dotar o centro de saúde do persoal que debería ter”.

Aumento nos tempos de espera

Segundo denuncia a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública ou o BNG, “na actualidade continúan sen cubrirse dúas baixas médicas no Centro de Saúde de Ribeira, ao que se suma a falta de substitución das vacacións dos profesionais”. Esta situación, sinalan, “está a provocar un aumento considerábel dos tempos de espera para conseguir cita na atención primaria, obrigando a moitas persoas a recorrer ao servizo de urxencias como única alternativa para seren atendidas”.

“O colapso das urxencias non é consecuencia dun aumento puntual da demanda, senón da incapacidade do Partido Popular para garantir unha atención primaria forte e dotada dos profesionais necesarios”, sinalou Pérez Barral, engadindo que “a situación tamén é especialmente preocupante no Centro de Saúde de Aguiño”. O BNG denuncia que “seguen sen cubrirse as dúas prazas médicas que lle corresponden, de maneira que a atención sanitaria queda reducida practicamente á presenza dunha única facultativa durante apenas tres horas ao día, o que está a provocar importantes atrasos nas consultas e un evidente prexuízo para a veciñanza”.

O Bloque reclama á Consellería de Sanidade que “rectifique e adopte as medidas necesarias para garantir unha asistencia sanitaria pública de calidade tanto en Ribeira como en Aguiño, cubrindo todas as baixas, vacacións e prazas vacantes”.

Ao mesmo tempo, o BNG di que o Goberno de Ribeira afronta este proceso con “absoluta pasividade e desaparecendo ante un problema que afecta directamente ao benestar da veciñanza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.