O BNG de Ribeira di que o Concello terá que pagar máis de 100.000 euros por “unha nova sentenza de contratación irregular”

28 Xullo 2026

No pleno da Corporación celebrado este luns 27 de xullo, o BNG de Ribeira criticou ao equipo de Goberno polo que cualificou de “novas sentenzas de contratación irregular”. Por unha banda, a agrupación nacionalista congratulouse de “que se inclúan partidas orzamentarias para facer propostas que defende o BNG como o reforzo en servizos básicos como os 200.000€ destinados a saneamentos, os 150.000€ para a pavimentación da avenida de Ferrol ou os 25.000€ destinados a seguranza viaria”. Porén, o BNG denunciou que “máis de 100.000 euros do diñeiro de todos os veciños e veciñas terán que empregarse para facer fronte ás consecuencias duna nova sentenza xudicial en contra do Concello derivada da nefasta xestión do Partido Popular”.

En concreto, o BNG explicou que ” a sentenza do Xulgado do Social Nº 1 de Santiago de Compostela condena ao Concello de Ribeira a asumir a responsabilidade polas irregularidades coas que se contratou a unha traballadora municipal, unha sentenza que determina que a empregada prestou servizos de conserxaría e limpeza entre xaneiro de 1991 e decembro de 2004 mediante un contrato administrativo encuberto e facturando mensualmente como falsa autónoma, sen que o Concello a dera de alta na Seguridade Social nin cotizase por ela durante máis de 13 anos”. 

O portavoz municipal do BNG, Luís Pérez Barral, dixo que con eses 100.000 euros poderían levarse a cabo un amplo abano de actuacións en Ribeira: “Poderiamos ampliar a rede de saneamento, renovar abastecementos de auga, pavimentar novas rúas ou mellorar os parques infantís; en definitiva, poderiamos seguir transformando o concello en positivo pero non, ese diñeiro vai ir parar a reparar os erros e o desleixo do PP, que unha vez máis fai que a veciñanza pague do seu peto o custo das súas irregularidades”.

Desde o BNG sinalaron que “esta sentenza non é un caso illado, senón que forma parte duna dinámica continuada de mala xestión durante os mandatos do Partido Popular”. Pérez Barral recordou “o caso grave da sentenza que obrigou a derrubar a gasolineira en Xarás e as consecuencias que poden carrexar para o Concello de Ribeira cunha sanción que podería chegar a 4 millóns de euros”. Para o ex alcalde, “esta contía sumada coa débeda que xerou o Partido Popular de 13 millóns de euros pode poñer en risco as arcas municipais e abocar a unha suba de impostos”.

Engadiu ademais que “a pretensión do Partido Popular de cambiar a localización da residencia pública de maiores supón tirar directamente ao lixo máis de 800.000 euros de diñeiro público xa executados na compra da parcela nas Saíñas, derrubo da antiga discoteca e proxecto construtivo que quedarían inservíbeis”. Ademais, apuntou, “querer cambiar de localización para San Roque implica un atraso considerábel para unha infraestrutura necesaria para as persoas maiores mentres que, de seguir os plans previstos para facela en Coroso, podería estar este mesmo ano en construción”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.