O BNG de Boiro pide ao Concello que poña solución aos cortes de auga

07 Xullo 2026

A portavoz do BNG no Concello de Boiro, Raquel Suárez Regades, presentou esta semana un escrito no Rexistro municipal para trasladar, segundo se sinala no texto, “as numerosas queixas recibidas da veciñanza de distintas zonas do concello polos reiterados cortes no subministro de auga para consumo doméstico”.

Segundo denuncia o bloque, “durante determinados momentos do día, especialmente nas primeiras horas da noite, prodúcense interrupcións no abastecemento de auga, precisamente cando o consumo nos fogares é maior. Esta situación impide realizar con normalidade tarefas cotiás tan básicas como cociñar, asearse ou limpar, ocasionando importantes prexuízos ás familias afectadas.”

O BNG di que é “grave que non se trate dun feito puntual, senón dun problema que se repite ano tras ano sen que o Goberno municipal adopte as medidas necesarias para poñerlle fin”. E engade Raquel Suárez: “Resulta inaceptábel que a veciñanza teña que soportar esta situación de maneira reiterada, tratándose dun servizo público esencial e de primeira necesidade”.

A formación nacionalista lembra “que o Goberno local comprometeuse o pasado verán a solucionar estas deficiencias no abastecemento, mais, a día de hoxe, non se ten posto en marcha ningunha actuación efectiva que permita resolver o problema”.

Neste sentido, o BNG reclama ao Executivo municipal que “informe de maneira detallada sobre as causas que están a provocar as interrupcións do subministro nas zonas afectadas e que adopte con carácter urxente as medidas necesarias para garantir un abastecemento de auga continuo e de calidade en todo o municipio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.