O BNG da Barbanza manifesta a súa solidariedade ás traballadoras de Gadis e Froiz que continúan en folga

23 Xullo 2026

O BNG da Barbanza (concretamente dos concellos de Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra e Ribeira) emitiu un comunicado no que manifesta a súa solidariedade ás traballadoras de Gadis e Froiz que continúan en folga.

O BNG de Boiro manifesta publicamente o seu apoio e solidariedade coas traballadoras e traballadores do comercio de alimentación da provincia da Coruña, nomeadamente do Gadis e Froiz de Boiro. Lembran que as traballadoras e traballadores do comercio de alimentación da provincia da Coruña manteñen nestes momentos un importante proceso de mobilizacións en defensa dun convenio colectivo digno e fano “tras meses de negociación sen avances significativos por parte da patronal do sector”. E engaden: “Falamos dun colectivo esencial, integrado maioritariamente por mulleres que, a día de hoxe, seguen padecendo salarios insuficientes que dificultan chegar a fin de mes, elevadas cargas de traballo e importantes dificultades para conciliar a vida laboral, familiar e persoal”.

Segundo a voceira, Raquel Suárez, “a pesar do esforzo diario e dos beneficios obtidos polas grandes empresas do sector, moitas destas traballadoras ven como o seu salario resulta insuficiente para afrontar o incremento do custo da vida”.

Por este motivo, desde o BNG de Boiro instan ás empresas Gadis e Froiz a retomar a negociación do convenio colectivo con vontade real de acordo, co obxectivo de alcanzar unha solución xusta que permita desbloquear o conflito laboral existente.

Da mesma maneira, o pasado xoves 25 no pleno de Rianxo, o BNG aprobou unha moción en apoio ás traballadoras, conseguindo que o Concello instase mediante un escrito ás empresas de Gadis e Froiz a retomar a negociación con vontade real de acordo. “O apoio institucional ás súas reivindicacións é fundamental para arroupar ás traballadoras nesta loita por un convenio colectivo digno.” afirma o voceiro, Fran Rei.

Pola súa banda, o BNG de Ribeira achegouse á xornada do pasado 23 de xuño para amosar o seu apoio directo ás traballadoras. “Non hai unha Ribeira mellor se ese avance se constrúe sobre a precariedade laboral; o progreso ten que ir sempre da man de dereitos e de condicións de vida dignas para a clase
traballadora” subliñou o exalcalde e portavoz Luís Pérez.

Na Pobra, a asemblea local do BNG tamén se suma a esta onda de solidariedade nacionalista, animando á sociedade xeral a apoiar a folga das traballadoras e traballadores da alimentación para conseguir un convenio xusto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.