Novo éxito de participación do Rianxo Gaming, que chegou este sábado á súa IV edición

14 Xullo 2026

A cuarta edición do Rianxo Gaming celebrouse este sábado 11 de xullo de 2026 na praza de Castelao, no Campo de Arriba da vila rianxeira. Segundo confirmou a organización, o evento foi un rotundo éxito de participación e converteu o espazo urbano nun gran punto de encontro de lecer dixital cunha entrada totalmente gratuíta. Pola cita pasaron centos de persoas, especialmente xente nova (seareiros/as das novas tecnoloxías e dos videoxogos).

“Ano a ano o Rianxo Gaming vaise consolidando como unha das feiras da cultura do videoxogo máis destacadas do panorama galego”, explicou o Concello.

O programa veu con múltiples actividades para seareiros dos videoxogos ou para visitantes en xeral: xogo libre (Arcade, VR Arena, PC, Retro), mostra de xogos retro, arcades, tendas, xantar, música e unha ampla variedade de torneos.

O programa incluíu tamén a presentación de tres videoxogos galegos (na Zona Indie): Golpes e Broucazos, Pis-To-Le-Ro e Fraga. Os asistentes puideron probar estes títulos en diferentes fases de desenvolvemento e charlar directamente cos seus creadores.

O evento está promovido polo Concello de Rianxo e a produción técnica é de Lúa Gaming, a empresa galega de deportes en liña e eventos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.