Mércores con néboas no litoral e ceos despexados no interior

07 Xullo 2026

O anticiclón instalarase ao noroeste de Galicia o mércores 8 con néboas no litoral e ceos despexados no interior

As altas presións marcarán a xornada meteorolóxica deste mércores en Galicia. O anticiclón quedará situado ao noroeste da comunidade, o que deixará un escenario condicionado pola influencia marítima no mapa do tempo autonómico.

De acordo coa previsión, agárdase a presenza de néboas na franxa litoral, mentres que no interior do territorio o ceo quedará máis despexado conforme vaia avanzando o día.

En canto aos termómetros, as temperaturas non experimentarán cambios significativos e manteranse en valores semellantes aos das últimas xornadas. (26 graos na costa e 32 no interior).

Por último, o vento soprará frouxo de compoñente nordés no conxunto do territorio, aínda que se agarda que as racheiras sexan moderadas no litoral norte da comunidade.

METEOGALICIA

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 4 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade mala á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.