Mar adianta e unifica a veda do choco nas Rías BAixas

17 Xullo 2026
Choco (sepia) nunha imaxe de Galicia Marisco

O Consellería do Mar compartiu os detalles do regulamento da veda do choco para a presente campaña nas rías de Arousa, Pontevedra e Vigo. A principal novidade deste ano radica no adianto e na unificación total do período de descanso biolóxico, que comezará simultaneamente o vindeiro luns, 20 de xullo, e prolongarase ata o 31 de outubro.

Esta estratexia técnica supón unha harmonización respecto ao ano pasado, cando as vedas foron graduais —iniciándose o 21 de xullo en Vigo e Pontevedra e atrasándose ata o 28 de xullo na ría de Arousa—, respondendo agora de xeito áxil aos informes técnicos que sinalan un incremento da presenza de individuos xuvenís nos espazos interiores do litoral desde o mes de xuño.

A medida adóptase en consenso co sector no marco do modelo de cogobernanza que caracteriza a xestión pesqueira en Galicia e nun contexto de balance produtivo que amosa a necesidade de protexer o recurso. Así, as primeiras vendas de choco nas lonxas galegas pecharon o primeiro semestre do ano cun total de 328,6 toneladas capturadas e unha facturación de 2,76 millóns de euros.

Estas cifras reflicten un descenso do 12,7 % en volume e do 11,1 % en valor económico se se comparan co mesmo período de 2025, o que referenda a pertinencia de unificar os paros para garantir a sustentabilidade biolóxica do recurso e o futuro socioeconómico do sector.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.